Persoa que traballa a xornal
Etimoloxía
Termo derivado sobre estoutro “xornal” que nos leva á substantivación do latín diurnale 'relativo ao día'.
Exemplos *
“A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués. ¡E aínda lle chaman a Marquesiña!” (Daniel Rodríguez Castelao: “A marquesiña”, Cousas, 1929)
“Fracasado o seu proxecto, o fillo do Marqués tivo que contratar xornaleiros mentres se debatía na dúbida de achacar o desastre á morriña climatolóxica dos animais ou a unha reacción de se liberar do traballo escravizante.” (Paco Carro: Tempo ordinario, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


