Persoa que ten como profesión escribir para un xornal ou que participa na redacción ou difusión da información nun medio de comunicación
Etimoloxía
Formada a partir do substantivo xornal, cando significa “periódico”, que procede do latín diurnale máis o sufixo -ista.
Exemplos *
“O xornalista que redactou a súa necrolóxica aseguraba que “morrera de pena, disfrazada de insuficiencia respiratoria, folga de fame, depresión profunda ou nula inxesta de medicación.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“Veña, nena, pon tres chopos que imos brindar polo Pulitzer que vai gañar o meu colega xornalista cando publique a pedazo de exclusiva que lle acabo de pasar.” (Ignacio Escolar: 31 noites, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.