xouba

Sardiña pequena.

Etimoloxía

Apúntase que se orixinase a partir do latín clupea 'zamborca'.

Exemplos *

"… outra máis dunhas sardiñas pequenas, que lles din xoubas, e que tiraba un pouco a salgada porque sei que as traían salpresas …" (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

"… alimentábase nas baiucas, que sabía de memoria os nomes dos seus donos antigos, e ía alí a lles reclamar as xoubas fritidas, as maragotas con patacas, as luras …" (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.