xovenco, -a

Cría da vaca, polo xeral de dous ou tres anos

Etimoloxía

Palabra que nos remite á latina juvencu.

Exemplos *

“Ó mellor si que hai que vender animais, aínda que non xovencas; máis ben vacas que estean pasadas de células somáticas. É a proposta de Daniel, coma sempre, máis atinada cá miña.” (Manuel Turnes Iglesias: Que non te aten, 2017)

“Entre nós non son moitos os labregos que collen pan para todo o ano, e iso aquí é ser rico –advertiume–. Temos casa e terras de noso, carro ferrado, dous bois, catro vacas, tres xovencas, unha egua, tres burriños, dez porcos e aquel rabaño dun cento de ovellas e algunha cabra.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.