xoves

Día da semana que segue ao mércores e precede ao venres.

Etimoloxía

A denominación deste día era para os latinos dies Iovis ‘día de Xúpiter’.

Exemplos *

“Non deixei de acudir a unha soa das reunións dos xoves, aínda que tivese que erguerme do meu xergón ás cinco da mañá para facer os meus labores e dispor do tempo necesario …” (Teresa Moure: Herba moura)

“Levaba cinco ou seis días naquel labor cando un xoves, pola media mañá, todos os que con el estaban viron como un automóbil vermello de liña deportiva viña parar, montando riba da beirarrúa, xusto por diante da porta do taller.” (Paco Martín: A bisneta lercha)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.