Alegría moi intensa, que normalmente se manifesta con signos exteriores.
Etimoloxía
Procede da palabra latina iubilum.
Exemplos *
"A celebración da volta de don Fernando xa levaba dentro de si implícito o xúbilo por todo canto aquel regreso tiña necesariamente que supor …" (Carlos Casares: Os escuros soños de Clío)
"E agora, ao coñecer cal sería o seu modo de vida, o seu horario, a cantidade de ocupacións e de persoas coas que podería malgastar o tempo libre, sentíase cheo de xúbilo …" (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


