xuíz, -a

Funcionario encargado de administrar xustiza e aplicar as leis

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín vulgar iudice que vén do clásico judex ‘xuíz’, ‘árbitro’ ou ‘censor’.

Exemplos *

“O axente Ferro aínda non se retirara cando o comisario Soto entrou a dicir que o xuíz mandara a Diego Neira a prisión á espera de xuízo.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

“Non lle faga caso a estas lágrimas, que mire que me concentrei e me dixen Non chores, Carme, non vaias chorar, que a señora xuíza vai pensar que todo é teatro, pero de verdade que non o é, créame, ten que me crer...” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.