xunqueira

Terreo moi húmido onde abundan os xuncos

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre a palabra “xunco” que procede do latín juncus que designaba a unha planta semellante.

Exemplos *

“Para rematar atópase unha última praia, a de Esteiro, onde como sempre a toponimia anticipa o que atoparemos: un areal protexido por dúas puntas, dunas e un regato que enche coas marés e presenta na cara interior unha longa xunqueira.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 3-8-2012)

“As cuadrillas de nenos e as parellas de anciáns paseaban, arriba e abaixo, polas rúas, ollando rutineiramente o discorrer do río, as xunqueiras, o horizonte, cos seus acenos atacados de dúbida ou de súplica, en espera dos acontecementos.” (Antonio Piñeiro: As fiandeiras, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.