xuntanza

Acción de xuntarse un grupo de persoas para tratar un asunto ou para divertirse

Etimoloxía

Palabra que deriva do verbo “xuntar” que se crea sobre “xunto” que remite ao participio latino junctus, -a, -um ‘unido’.

Exemplos *

“Os fornos son lugares de xuntanza, sobre de todo no inverno. Teñen a quentura e teñen o tempo, namentras coce o pan. Son os casinos do pobo.” (Ánxel Sevillano: Historias do canizo / O pan e as panadeiras, 1979)

“O pasado sábado asistín en Compostela á asemblea convocada por varias organizacións para explorar a posibilidade de constituír un Foro Social Galego. Á xuntanza acudiron un bo feixe de colectivos e mais de xente que, coma min, iamos a título individual.” (David Rodríguez: Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crack financeiro / O mar de xiz, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.