Período intermedio da era secundaria, comprendido entre o triásico e o cretáceo.
Etimoloxía
A súa orixe está no francés jurassique, onde se creou a partir da denominación dunha cadea montañosa, a do Jura.
Exemplos *
"Ollaríate durante todo o xurásico e o neolítico enteiros, baixo aquela codia de prata …" (Emma Pedreira: Bestiario de silencios)
"Tras cinco minutos de meditación decidiu corrixir algúns erros vitais, precisamente porque coñecía a teoría do bater de ás das bolboretas do Xurásico." (Camilo Franco: Palabras contadas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.