Peixe mariño da familia dos caránxidos, de corpo fusiforme e cor gris verdosa polo lombo e gris prateada polos costados, cunha banda de escamas en cada un, que vive en cardumes e abunda no Atlántico
Etimoloxía
Palabra que procede do latín vulgar *sorellum e este de saurus.
Exemplos *
"O xurelo precisa moita frescura, unha cociña con boa ventilación para evitar o cheiro -que non recendo- que queda a peixe frito e coñecementos sobre o arte de fritir” (Fausto Galdo: Abecedario das matanzas, 2012)
“A Consellería de Pesca estende, mediante a publicación o pasado 31 de marzo dunha orde no Diario Oficial de Galicia (DOG), as normas orientadas á mellora da sustentabilidade do xurelo procedente do arrastre de litoral a todos os produtores desta especie.” (Axencia: Galicia Hoxe 5/02/2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.