Persoa que profesa a ciencia do dereito ou que se dedica ao seu estudo
Etimoloxía
Palabra que se forma co vocábulo latino ius, iuris 'dereito' e o sufixo -ista.
Exemplos *
“Na zona de Eirís, na Regueira, tamén ten unha rúa Dolores Ibarruri (1895-1989), destacada activista política nacida en Biscaia e moi vinculada ó Partido Comunista. O mesmo que a xurista malagueña Victoria Kent (1898-1987), a primeira dona que actuou ante o Tribunal Supremo de Guerra e Mariña no mundo.” (Laura Camino: Galicia Hoxe, 8-3-2007)
“As xuristas que este venres participaron en Galiza ten memoria, (...), teñen claro que a nova Lei de Memoria Democrática é un avance con respecto á lexislación anterior.” (L. Penide: La Voz de Galicia. 29-10-2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.