xuvenil

Propio da xuventude

Etimoloxía

Vocábulo que bebe directamente do latín juvenilis ‘relativo aos mozos’.

Exemplos *

“Enxeñeiros no paro ou na emigración. Varias circunstancias explican esta desfeita. A primeira, e se cadra a máis decisiva, é o avellentamento da poboación, dous anos máis do que no conxunto do país, froito, polo demais, dunha emigración xuvenil masiva.” (X. Lorenzo: Sermos Galiza, 2014)

“En contra do que se prevía cando empezara a foliada xuvenil con gaitas e pandeiros, esta ía ser unha despedida tristeira pola dureza de corazón de don Cristovo” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.