xuvenil

Propio da xuventude

Etimoloxía

Adxectivo que bebe directamente do latín juvenlis ‘relativo a mocidade’.

Exemplos *

“En contra do que se prevía cando empezara a foliada xuvenil con gaitas e pandeiros, esta ía ser unha despedida tristeira pola dureza de corazón de don Cristovo.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Van pola zona vella como correctos cidadáns, co regulamentario carné de identidade e sen substancias tóxicas nos petos. Mais non só se esmendrellan coa orde, senón con todo individuo estereotipado, ou sexa con case todo o mundo. Practican unha irreverencia xuvenil e de fondo intelectual.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.