Xente nova
Etimoloxía
Palabra que chega desde o latín iuventus de significado semellante.
Exemplos *
“Eses que nos estigmatizan na prensa e nos parodian na televisión, os que rin da apatía da xuventude e se mofan da nosa forma de ver o mundo viron como a xuventude pode articular respostas en pouco tempo grazas neste caso ás novas tecnoloxías.” (Ángel Manuel Amaro Quintas: Galicia Hoxe, 17-3-2011)
“A literatura pode servir para que a xuventude saiba máis da guerra.” (Antonio García Teixeiro: A Nosa Terra, 15-1-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.