zafiro

Calquera pedra preciosa formada por coridón, que non sexa de cor vermella.

Etimoloxía

Dise que probablemente do latín sapphirus e este do grego sáppheiros co mesmo significado.

Exemplos *

"Así chegou ó pazo, subindo as escaleiras de cristal e de zafiro que levaban ó cuarto de Li-Ching." (Lois Fernández Marcos: Galaxia lonxana)

"O ministro entregou ó emisario unha espada de empuñadura labrada, con zafiros e esmeraldas, e un exemplar luxosamente encadernado da obra Prusia." (Xosé Cermeño: Os nervios da cabeza)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.