zamburiña

Molusco dos lamelibranquios (Chlamys varia) parecido á vieira, pero de menor tamaño e de carne moi apreciada.

Etimoloxía

Descoñécese a súa orixe.

Exemplos *

"Pediu unhas zamburiñas e rodaballo á prancha e, entre tanto o servían, botoulle unha ollada a un folleto gastronómico da Xunta que collera á entrada." (Carlos G. Reigosa: Narcos)

"Quero amosarlles estas zamburiñas na súa salsa, que están para chupar os dedos …" (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.