Castaña cocida coa pela / Castaña pequena que se encontra no ourizo entre dúas máis grandes
Etimoloxía
O vocábulo é froito do cruzamento destes outros dous zoncho e mamela.
Exemplos *
“Xa nin sequera se olla un neno na rúa cun colar de zonchos ou zamelos.” (Álvaro Cunqueiro: A cociña galega, 1983)
“Son exquisitas tanto crúas e asadas como cocidas en auga ou leite. Cando se cocen coa casca en auga e sal mudan de nome e pasan a ser zonchos, marmotas ou zamelos.” (Manuel Bragado: Faro de Vigo, 14-11-2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


