Persoa que fai, amaña ou vende zapatos
Etimoloxía
Palabra derivada que toma como base a voz “zapato” que vén do vocábulo do turco zabata ‘coiro curtido’.
Exemplos *
“Eu ben vin estar o cuco / derriba do meu palleiro / cunha subela na mao / aprendendo a zapateiro.” (AA.VV.: A carón do lume, 1999)
“Este cantar tan bonito / veuno traer a Marín / un zapateiro de Noia / na punta do cornetín.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia, 1745-1885, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.