zapatilla

Calzado lixeiro, sen taco e de material flexible, especial para a práctica de deportes.

Etimoloxía

Deriva de zapato, voz da que non se coñece con seguridade a orixe, se ben podería ser de ascendencia turca.

Exemplos *

"O seu único pé estaba cuberto por unha zapatilla de cadros e o seu peito por un xersei azul mariño que recendía a sal." (Santiago Jaureguizar: A rutina corsaria)

"Levaba unha camiseta branca e uns vaqueiros luídos que non quitaba nunca, igual que as zapatillas deportivas que, como dicía súa nai en ton irónico, comezaban a derreter polo efecto das radiacións do cheiro." (Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.