Calzado forte e resistente, xeralmente de goma, que cobre o pé e o tornecelo.
Etimoloxía
Derivado de zapato, palabra de orixe escura da que se especula unha procedencia turca sabata ou árabe sabbat, de significado incerto.
Exemplos *
"Na posguerra as mulleres movíanse entre edificios destruídos con zapatóns negros para recoller pedras que ían numerando co fin de recuperaren as súas casas do caos." (Jaureguizar: Cabaret Voltaire)
"As tardes de inverno traían cheiros de humidade fervida, o cheiro dos zapatóns metidos dentro do forno da cociña de ferro." (J.A. Xesteira: Contos de familia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.