zaragallada

Conxunto de ingredientes que se utilizan de recheo para determinados alimentos

Etimoloxía

Palabra que parece que está emparentada coa do francés antigo eschargarde ‘patrulla de garda’.

Exemplos *

“A Tina fixera unha zaragallada exquisita e había que levala en potas ao forno. Alí facían a masa, pero sempre aparecía un aproveitado que pretendía dar o cambiazo ao recheo. Pasei boa parte da noite moneando na panadería, agarrado á miña pota e velándome das comadres raposeiras.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

“Ao pasar pola cociña chegoulle o recendo exquisito das comidas da nai. Vapores saíndo da ola do caldo de grelos, aroma de allos, cebolas, pementos fritos para a zaragallada da empanada, loureiro, cheiro a mar do arroz con croques. Un cúmulo de sabores encheron o padal de Charo ao entrar na cociña.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.