Rede de pesca en forma de cono, cun aro de madeira na boca, que se emprega para pescar nos ríos pequenos
Etimoloxía
Palabra que ten orixe onomatopeica.
Exemplos *
“Os dous fomos abrindo os corazóns (...). Este día quixen bica-la ó pasar por unha ruela pequeneira que daba á venela onde os veciños amontoan nasas e zarandas. A pesar do que tiñamos falado, ela non me deixou darlle un bico .”(Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)
“Xa non se catan os salmonetes lañados e deloirados, salgados e postos a secar en zarandas penduradas das fiestras nas casas mariñeiras, se xantaban despois cocidos con patacas, cebola e loureiro.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


