Vento forte acompañado de chuvia
Etimoloxía
Crese que a palabra bebe do vocábulo latino circius ‘nome do vento’.
Exemplos *
“A incesante zarracina que azouta estas terras continúa e as manifestacións de tose que non acaban de curar mantéñenme na miña cela máis tempo do que desexaría, deixando abandonados os labores que tiña asignados polo padre prior.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
“A estrada seguía a ser un espazo de seis metros cadrados de luz diante do coche. O resto era neboeira ou zarracina, unha chuvia ocasional e unha cegueira blindada. Sorprendérono as primeiras luces de Vilalba.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas. A novela da santa compaña, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.