zarzaparrilla

Bebida refrescante elaborada coa raíz desta planta.

Etimoloxía

Tomouse do castelán, onde se formou a partir dos elementos zarza e parra.

Exemplos *

"Non me importaría entrar no saloon e pedir a bebida máis ridícula do mundo que pode ser zarzaparrilla ou unha clara con limón." (Manuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma)

"… era alí onde se curaban noutrora os galicosos, nos primeiros tempos coa zarzaparrilla que un frade trouxera de América, que penso que non debía servir de moito." (Lois Tobío: As décadas de T.L.)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.