zen

Rama do budismo, orixinaria da China, moi estendida no Xapón

Etimoloxía

Adaptación do xaponés zen e este do chinés chán ‘calma’.

Exemplos *

“A súa abstracción é un xeito de realidade na que se dan cita Oriente e Occidente, o tao e o zen, o grattage e o espacio dunha meditación profunda para achegarse a unha interpretación da vida máis auténtica quizais ca dos realistas ó uso.” (Severino Penelas: Galicia Internacional, 2-1996)

“O Zen, os koan, completan a faciana desta borrosidade oriental, desta cultura xerarquizada que segundo Robert Smith é tamén borrosa, o que os achega a nós dentro das evidentes diferencias que nos arredan.” (Santiago Lamas Crego: Galicia borrosa, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.