zoco

Calzado de sola grosa, de madeira ou doutro material, aberto pola parte do calcañar.

Etimoloxía

Procede do nome latino dun tipo de calzado propio das mulleres e dos comediantes, soccus, -i.

Exemplos *

"Debido á calor eu puxera para o paseo un short e calzaba zocos abertos." (Mª Xosé Queizán: Amantia)

"Escoitáronse os zocos da enfermeira. Eran brancos e de furadiños e foi o primeiro que viu a muller cando se abriu a porta." (María Pilar Campo Domínguez: Confusión e morte de María Balteira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.