División dun territorio ou dunha cidade en zonas segundo o uso, densidade de poboación etc.
Etimoloxía
Formouse por derivación a partir de zona, palabra de orixe grega que nos chegou desde o latín, onde podía ser 'cinto' ou tamén 'parte do mundo'.
Exemplos *
"Cunha lóxica aditiva de zonificación e especialización, estas novas unidades autónomas (cidades satélite, coroas industriais, parques de ocio, etc.), case nunca conseguiron subtraer as funcións centrais ós cascos históricos …" (A Peneira 06-1997)
"A emisión con "ondas visuais" (as portadoras correspondentes á chamada vulgarmente FM) dan para unha zonificación axeitada …" (Xosé A. Neira Cruz: Tempos Novos 05-1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.