zoólogo, -a

Especialista en zooloxía

Etimoloxía

Creación neolóxica que se forma co vocábulo “zoo” que procede do grego zôion ‘animal’ e a terminación de orixe grega “-logo” que significa ‘especialista en”.

Exemplos *

“"A introdución do gando vacún e ovino e outras especies non nativas que compiten polos alimentos como os gatos, os cans e os raposos tamén favoreceu a diminución da poboación dos mulgaras. Non sabemos exactamente cantos quedan", indicou a zoóloga australiana Brisbane.” (Rocío Otoya: O Correo Galego, 13-11-2000)

“Pero un grupo de zoólogos e paleontólogos españois, baseándose en documentos históricos e restos de ósos, defendían que o lince boreal habitaba o norte de España ata hai pouco.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 10-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.