zoom

Obxectivo de alcance focal variable que permite o achegamento ou distanciamento da imaxe enfocada sen desprazar a cámara fisicamente nin trocar de lentes.

Etimoloxía

Esta palabra tomouse do inglés, onde se formou por onomatopea asociada cun movemento rápido.

Exemplos *

"…filmaban todo canto podían, aínda que totalmente constrinxidos na súa capacidade de movementos e de enfoque, ao non poderen variar a situación da cámara máis que a través do propio zoom do aparello." (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)

"…colaborei nunha desas axudas que podía ir dende mover un zoom totalmente manual ata ir en busca dunha botella de viño e uns bocadillos." (Albino Mallo: Galicia Hoxe 16-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí