Persoa que fai zocos ou zocas.
Etimoloxía
Creación sobre o termo zoco que, á súa vez, chega da palabra latina soccus, –i 'calzado propio das persoas que actuaban nas representacións teatrais'.
Exemplos *
"Dende neno, o señor Manuel, o zoqueiro, dera en facer santos. Santos de vestir, ben entendido, testas e mans de buxo…" (Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva)
"Tampouco se agachara entre tendais de roupa nin por onda o zoqueiro e os zapateiros." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.