zorra

Especie de caixón escorregadizo, útil para transportar cousas e persoas.

Etimoloxía

Proponse que veña dun antigo verbo zorrar, que tería o significado de 'arrastrar'.

Exemplos *

"Vin a máquina como a zorra de escorrer na que ela fuxía dun polo norte perpetuo, e asentín." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

"Huidobro, a meirande parte das veces, exerce de alpinista que monta até o cumio para despois esvarar coa súa zorra de ferro." (Alejandro Tobar: Cremalleiras)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.