zorza

Carne, xeralmente de porco, picada e adubada, fundamentalmente con pemento, allo e sal, coa que se fan os chourizos

Etimoloxía

Palabra que ten unha orixe prerromana.

Exemplos *

“De alí a Vigo só pararon en Caldas, para tomar algo no muíño. (...) Un sitio sen graxa pero afumado, sen fío musical nin cristais de escaparate, con tapas de zorza e roxóns, chourizos, xamóns da serra, queixo do país e pementos de Padrón.” (Xurxo Borrazás: Na maleta, 2000)

“Isidro achegouse á casa do Modesto para cobrar cen pesetas dunha mula que (...) lle pagaría en especie cun saquiño de pemento da Vera, moi apreciado para a matanza dos porcos de cada inverno, para aderezar a zorza de chourizos de magro.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.