zunido

Ruído xordo e continuo que producen as follas das árbores ao movelas o vento

Etimoloxía

Voz procedente de “zunir” e esta é de orixe onomatopeico.

Exemplos *

“Para fatigar a insomnio debe pechar cada fenda das persianas, desmaquillarse con gasto enorme de cremas limpadoras e xabón facial que cheira a trevo de Alexandría, e retirar da mesa de luz un libro tan estuporante como o zunido do vento.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)

“O son atronador das voces non deixa pasar nin un zunido de vento. Mark pon o sombreiro por enriba da bandana. Os homes están amoreados na cuberta, observando algo no centro do círculo.” (María Reimóndez: Pirata, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.