Costura que se fai ao zurcir
Etimoloxía
Termo procedente do verbo “zurcir” que bebe no latino sarcīre ‘remendar’ ou ‘reparar’.
Exemplos *
“Como non fixarse (...) no teu pantalón curto, con aqueles zurcidos que tanto te avergoñaban, incluso no xersei que tamén che fixera túa nai, con remontas, e por suposto nos zapatóns Gorila que botaras a perder coas doses diarias de balompé na calzada da túa rúa.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron, 2013)
“Os demais só falaban do seu vestido calado de zurcidos e remendos, da ausencia de abrigo, dos zapatóns sen lustre ou dun certo aire rural que ao parecer minoraba a súa beleza ata facela imperceptible.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


