zurcir

Coser unha peza de roupa por onde está rachada ou moi gastada, imitando o tecido e de maneira que se note o menos posible.

Etimoloxía

Considérase que procede do verbo latino sarcire ‘remendar’

Exemplos *

“Cando Mary chegou á casa pola noite levaba no lombo a roupa, a limpeza dos chans da casa dos señores, tamén de xeonllos, recoller os ovos das galiñas, preparar os braseiros para as mesas, zurcir (ela non sabía, pero observou) a roupa ...” (María Reimóndez: Pirata)

Zurcimos o pasado, estamos zurcindo o presente, pero o futuro queda enteiriño por zurcir.” (Xesús Redondo Abuín: A Nosa Terra 21-12-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.