Bolsa de pelella que usan os pastores para levar a comida // Bolsa de coiro
Etimoloxía
Palabra procedente do éuscaro zorro 'saco'.
Exemplos *
“Pousa sobre as mercadorías do carro o zurrón de coiro que levaba pendurado en bandoleira e aquel chapeu con que se cubría, para mellor se poder desprender do roupón.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
“Ao pasar por diante do meu agocho desmontou e camiñou un treito a pé, ata a encrucillada. Saíronlle ao paso os outros dous homes. Saudárono e ofrecéronlle os alimentos e a bebida que lles quedaba nos seus zurróns.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.