
As palabras escritas máis curtas do galego son os nomes das vogais (a, e, i, o, u) e outras palabras que tamén consisten só nunha vogal (a: artigo ou preposición; á: contracción; e: conxunción; o: artigo; ó; contracción). Como en todas as linguas, son de moitísima frecuencia. Pero, cales son as palabras máis longas? Outra vez pasa o mesmo en todas as linguas, polo menos coas características da nosa: trátase de cultismos e termos técnicos, maioritariamente nomes abstractos, compostos químicos (o coñecido ADN, ácido desoxirribonucleico) e certos adverbios en –mente. No noso caso, algunhas ademais teñen todas as vogais (contrarrevolucionario, inconstitucionalidade, radiotelecomunicación). Imos ver cales son as palabras campioas do salto de lonxitude na nosa lingua.