Entendemos a democracia como aquela forma de goberno na que o pobo participa elixindo os seus representantes e entre as accións levadas a cabo polas Nacións Unidas coa finalidade de promovela está a declaración do 15 de setembro como Día internacional da democracia, que o citado organismo considera unha aspiración universal.
A palabra democracia, malia chegar ata nós a través do latín, orixinouse en Grecia, considerada o berce desta maneira que temos de nos organizar. Como é sabido, componse dos elementos demos ‘pobo’ e kratos ‘poder’. E o caso é que nos gusta mandar, ou iso parece, polo menos á vista das distintas palabras que temos nas que se utiliza o segundo destes elementos. Imos revisar unhas cantas para descubrir quen manda en cada sitio e, ao seren taxadas, pode faltar algunha.