Unha lingua non é só un conxunto de palabras organizadas segundo unha sintaxe e unhas regras morfolóxicas. O idioma tamén é fonética, é a fala levada á escritura e unha entoación que lle dá o seu particular timbre, aínda que ás veces a acentuación trasládanos á orixe dun termo.
Independentemente do número de esdrúxulas que forman o noso corpus léxico, é ben saber que hai moitas que se forman cando o pronome se une ao verbo que o precede, pasando a formar unha única palabra, en moitos casos, proparoxítona (que é outra forma de dicir esdrúxula). Así pasamos dun simple “quero” a “quérote”, cambiando a cousa substancialmente, non só na acentuación.
Este Setestrelo ocúpase desas esdrúxulas que, quizais por seren menos utilizadas, pódennos levar a engano e deixarnos lívidos e sen libido, que vén sendo grave (a acentuación, claro).