“O concepto é o concepto” dicía Manquiña na película Airbag e non vai variar por como o denominemos, así sexa en galego ou en inglés.
Hai veces que tendo palabras de noso, por calquera razón, utilizamos termos foráneos para expresarnos. Neste Setestrelo analizamos unha serie de vocábulos estranxeiros que en todos os casos teñen un equivalente perfectamente utilizable na nosa lingua. Vai por diante que gustamos dos estranxeirismos e neoloxismos, porque demostran unha lingua viva e en evolución, mais ás veces, por que coller algo de fóra cando temos formas propias para dicir o mesmo? You know?