
É tempo de vacacións e queirámolo ou non unha troula hase cruzar na nosa vida. De xuño a setembro non che hai fin de semana exenta de festa, ben sexa gastronómica ou das parroquias. Se cadra, nin hai que agardar á noite do venres para termos algún festexo ao que acudir, e hai que ir ao xeito e levar a cousa como é mandado. Como vestirnos, a quen lle hai que agradecer a organización do evento, que papel temos nel e recollerse xusto a tempo son conceptos que teñen as súas palabras. Imos aló! Festa rachada!