Se hai unha noite no ano na que se invoquen as forzas do alén mundo, esa será sen dúbida a noite de san Xoán. Así, desde moito antes de que o cristianismo decidise lembrar nese día un dos seus santos máis celebrados, xa andaban os nosos antepasados acendendo fogueiras para darlle forza ao Sol e iniciando outros ritos que, tanto tempo despois e tan escépticos que nos fomos volvendo, repetimos aínda que a súa razón se perdese na memoria.
Por tanto, e ollo que isto é o que parece, unha ameza directa: un, vai saltar o lume e faino un número impar de veces. Dous, aprende a ladaíña que dirás ao dar o chimpo. Tres, apaña os milicroques e o fiúncho para protexer a túa porta. E catro, dálle un repaso a este Setestrelo que vai do que as forzas do mal poden facer contra nós. Ti verás. Meigas fóra!