
Dous santóns diante dun templo hinduísta. Fotografía Luca Galuzzi (Wikipedia)
Visto desde fóra e coa perspectiva da Historia, o subcontinente indio é unha amálgama de culturas diferentes relacionadas en gran medida coas tres grandes relixións que profesan: o islam, o budismo e o hinduísmo.
Desde o tempo das conquistas alexandrinas e dos clásicos romanos, non se avanzou gran cousa no coñecemento mutuo ata o século XX. Foi aquí cando se retomou grazas ao psicólogo posfreudiano Jung e con peor sorte por parte do nazismo, e non foi ata a chegada do grupo británico The Beatles que se divulgaron en Europa algúns aspectos das culturas milenarias da India. Previamente, os maiores puntos de contacto producíronse primeiro coa colonización portuguesa e máis tarde coa británica, polo que os poucos termos que chegaron a nós están adaptados conforme os padróns destas linguas.
Imos mirar sete palabras que teñen que ver co hinduísmo, polo que é de agardar raíces sánscritas, nalgúns casos con correspondente galego, aínda que moi distanciado no significado. Namasté…