Ligazóns

Publicado en 2010 polo TERMIGAL e a Facultade de Bioloxía da USC, ofrece un completo índice de termos, cos seus equivalentes en inglés e castelán.

Monografías diversas: ríos, montaña, costa, fauna, flora e un longo etc. E todo cun léxico rico e preciso. É a web de Adela Leiro.

O informe máis recente (abril, 2017) sobre o que pensa a xente nova da lingua, e o uso que fai dela (PDF 1´4 MB)

Percíbense como diferentes, pero que sucede á hora de definilas? Estudando palabras, un artigo imprescindible de Antón Santamarina. (PDF 966'7 KB)

XeoClip é unha canle de vídeos sobre xeoloxía, con fantásticas explicacións sobre cuestións terminolóxicas.

Do berce á rúa é unha web de recursos para familias e mestres. Promovida polo Concello de Narón, aposta por un valor decisivo: a transmisión interxeracional.

Os nomes da fauna invertebrada mariña, co equivalente en inglés mais o nome científico. Un traballo necesario do equipo da Chave. (PDF 1'9 MB)

Dirixido por Manuel Ferreiro (UDC), o primeiro léxico dixital dicionarizado da poesía profana medieval. Acceso en liña gratuíto

As relacións entre a nosa lingua e o catalán, a través da fraseoloxía. Inclúe un cumprido corpus bilingüe (PDF, 1'7 MB)

As palabras galegas vivas na comarca de Eo-Navia. O traballo fornece un glosario mais información da situación legal (PDF 6'7MB)

O alumnado do IES Urbano Lugrís (Malpica) dá unha lección de dialectoloxía e sociolingüística. 10 en diversión e rigor!

Guadi Galego e un milleiro de nenas e nenos xuntaron voz, música e palabras. A emocionante experiencia dos coros escolares por unha lingua viva

Unha aplicación (Android) para adestrar as conxugacións non regulares dos verbos, feita polo lectorado da universidade de Heidelberg

Máis de 1900 expresións vivas, que son unha forma de interpretar o mundo a través dos cabalos

Feito por Tagen Ata, coas palabras do léxico xurídico administrativo que provocan dúbidas e erros frecuentes (PDF, 331KB)

Unha investigación sobre as voces vivas do galego exterior, dirixida por Henrique Costas. Inclúe glosario, transcrición fonética e definicións (PDF 1,6 MB)

Son máis de 700 palabras, relacionadas cos ríos e a súa contorna. Un vocabulario ben organizado, con información extralingüística e imaxes

O Consello da Cultura recolle o traballo de investigación de Pablo Carpintero, con clasificación, comentarios e imaxes