A Palabra do ano 2016

Xa podedes propoñer a Palabra do ano para elixir colectivamente a que mellor representa este 2016, que está a rematar. Durante os primeiros quince días de decembro –desde o 1 ata as doce da noite do 14– recolleremos todas as propostas que nos fagades chegar. Mandade as palabras que na vosa opinión son as que mellor resumen os últimos doce meses.

 

De entre todas as recibidas, quedaremos coas máis populares e con maior peso de significado. Logo, virá unha segunda fase, a da votación das finalistas, para que antes de que remate decembro escollamos entre todos e todas a que vai ser a Palabra do ano 2016.

 

En 2014 elixistes corrupción e no 15 refuxiados

 

Cal é a palabra que propós para este ano?

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir