image

Palabra do Ano

2018

ti cal cres que debe ser?

Por que promovemos esta idea

A razón de ser da lingua é atravesar todos os ámbitos da sociedade e representarnos nela, porque onde as palabras existen con máis intensidade é na actualidade cotiá, no día a día, tanto no espazo público coma nas relacións privadas. Por iso, escoller unha Palabra do Ano simboliza tomar conciencia do valor da lingua, recoñecérmonos aquí e agora e mesmo asumirmos un mañá.

Que a maioría decida a palabra que identifica o ano que remata é repensalo e revivilo e converte, en certa medida, esa voz nun símbolo compartido. É un costume estendido noutras realidades lingüísticas, noutros países. Conxuremos logo, para elixir a nosa Palabra do Ano, os medios de comunicación, as redes sociais, as publicacións de maior repercusión e tamén as conversas habituais. Será a palabra que mellor resuma a nosa vida en 2018.

A Palabra do Ano 2017 foi...

Afouteza é unha palabra do noso léxico patrimonial que saltou durante 2017 do campo de fútbol do Celta de Vigo á rúa. Toda unha xesta colectiva: unha palabra que dende o fondo dos séculos marcou un tanto na meta compartida de gozarmos da nosa lingua.

A Palabra do Ano 2016 foi...

2016 foi o centenario das Irmandades da Fala, e ao noso parecer, esta escolla hai que entendela como homenaxe ao proxecto histórico pero tamén como un xeito de reivindicar o sentido do colectivo no presente e no tempo que vén.

A Palabra do Ano 2015 foi...

Refuxiado foi a palabra máis votada por vós, que a escollestes como Palabra do Ano 2015. Arredor da chamada "crise dos refuxiados" publicáronse milleiros de textos, noticias e comentarios, poñendo este termo de máxima actualidade e converténdoo nunha voz clave nese ano.

A Palabra do Ano 2014 foi...

Fixemos unha valoración sobre un conxunto de palabras partindo das que propuxestes en Facebook, engadindo as que obtivemos dos medios de comunicación e mais as que nos fixestes chegar por outras vías. Unha destacou sobre o resto e deste xeito, para o Portal das Palabras, corrupción converteuse na Palabra do Ano 2014.