Problema coa ‘app’ do Dicionario en iOS 7

A actualización á nova versión do sistema está a provocar un mal funcionamento da aplicación do Dicionario RAG. En concreto, o problema aparece na pantalla de definición, que se bloquea e impide realizar unha serie de funcións tales como converter o termo en favorito, compartilo en redes sociais, escoitar a pronuncia e mesmo ver a totalidade da información sobre a palabra.
 
No Equipo do Portal estivemos agardando a ver se Apple publicaba un parche ou unha nova actualización menor que solucionase o problema. Pasado o tempo decidimos que a única solución efectiva consiste en sacar unha nova versión da aplicación Dicionario RAG, que pretendemos que estea na App Store o antes posible. Esta 'app' Dicionario 2.0 conterá ademais novidades das que iremos dando conta. Mentres tanto, pedimos desculpas polos inconvenientes que por razóns alleas a nós poidades estar sufrindo.
 
Malia que non é unha solución definitiva, propoñémosvos un truco que axuda a continuar utilizando a aplicación:
unha vez chegamos á pantalla de definición, cando notamos que se bloquea, se prememos no botón "Cancelar" todo funciona de novo. Ora ben, teremos que repetir esta acción despois de cada busca e visualización da palabra definida.

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir