A RAG organiza un simposio dedicado a Carlos Casares

Os relatorios do evento –organizado pola Academia como punto final ao ano dedicado ao autor– tratarán da escrita de Casares, pero non só da de ficción, senón tamén da súa produción xornalística e mais das súas reflexións sobre a literatura e as pautas que orientan a escritura. Así mesmo, neste encontro, haberá tempo para coñecer aspectos da traxectoria biográfica que conformaron a súa personalidade literaria e o seu oficio como escritor.

O Simposio desenvólvese na sede da RAG, sita na rúa Tabernas, 11, na cidade da Coruña, e contará coa colaboración da Xunta de Galicia. Nel participan dezaseis especialistas na figura do escritor ourensán, protagonista das Letras 2017. O programa ábrese co relatorio inaugural do académico de honra Arcadio López Casanova, baixo o título “Carlos Casares en Compostela: formación, compromiso e manifestación”. O día 23, terá lugar a clausura coas palabras do presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, quen defenderá o relatorio “Carlos Casares, a sedución da palabra”.

No Portal das Palabras queremos sumarnos a esta actividade e con tal motivo, ao longo da semana do Simposio, estamos facendo diferentes publicacións arredor de Carlos Casares, desde recursos audiovisuais –como o vídeo dunha representación da obra teatral As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, con comentarios ao léxico empregado– á divulgación de material inédito relacionado coa mesma obra. Estas achegas completan os contidos que difundimos polo Día das Letras: as Sete palabras con C de Casares e mais O léxico d’As Laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir