Refuxiado, Palabra do ano 2015

Cun total de 417 votos, refuxiado é a palabra máis destacada do ano que remata, na opinión de ao redor de 1.700 persoas que participaron na iniciativa do Portal das Palabras para escoller colectivamente a Palabra do ano 2015. Refuxiado impúxose na fase de votación ás outras cinco finalistas –feminicidio, rechouchío, indignación, xihadismo e plebiscitario–, as máis populares de entre as 170 que se xuntaron na primeira fase de propostas.

 

En segunda posición, con apenas doce votos de diferenza, sitouse feminicidio, un termo creado ad hoc como reflexo dunha situación alarmante no relativo á violencia de xénero. Nas primeiras semanas do ano vindeiro, dedicarémoslle un Mira-que-din a esta palabra, sobre a que non existe polo de agora un pronunciamento normativo. O terceiro posto, e tamén por unha escasa marxe, foi para rechouchío, dando conta da consolidación das formas de noso no ámbito das redes sociais.
 

O contexto da elección de refuxiado.

Ao longo do ano, como resultado da violencia en Oriente Medio, en particular da guerra de Siria, produciuse unha crise humanitaria internacional, con milleiros de persoas obrigadas a fuxiren dos seus países de orixe cara a Europa. A chamada “crise dos refuxiados” detentou o interese informativo e circularon imaxes que provocaron un grande impacto na conciencia social, ao tempo que se publicaban milleiros de textos, noticias e comentarios sobre o tema, facendo de refuxiado unha palabra clave e de máxima actualidade neste 2015.

 

Ver o Mira-que-din de refuxiado.
(Publicado o 3 de novembro de 2015)

 

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir